Actualidade

Un total de 508 resultado(s) para Empresa

Mañá venres, celébrase na Cidade da Cultura a xornada ColaboraTIC.gal

Mañá venres, celebrarase na Cidade da Cultura a xornada ColaboraTIC.gal, organizada pola Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Logo da xornada

Na sesión da mañá, que está orientada á presentación de boas prácticas para a colaboración entre o software libre e o tecido empresarial, terán lugar varias mesas nas que poderemos ver casos de éxito de moitos tipos.

Torusware organiza unha xornada sobre Docker

Logo de dockerA empresa Torusware organiza, dentro do seu ciclo Torusware talks, un Docker Meetup. Trátase dun encontro no que falar e compartir experiencias sobre a tecnoloxía de contedores Docker.

As Torusware Talks teñen por obxectivo compartir relatorios e experiencias sobre tecnoloxías de interese de Torusware (Big Data, Containers/Docker, HPC, Linux, Performance, etc…) a fin de que sirvan de punto de encuontro de profesionais e estudantes interesados nesas tecnoloxías.

LibreCon 2016: Chamada á participación como poñente

Logotipo de LibreCon 2016Tralo éxito das pasadas edicións volve a LibreCon 2016, o maior encontro empresarial orientado ao intercambio de experiencias, coñecemento e solucións TICs Open Source, e fomento do desenvolvemento de negocio. O evento é organizado por ASOLIF que este ano conta coa colaboración de ESLE, quen toma o relevo de AGASOL na LibreCon 2015. Este ano pois o evento terá lugar os días 22 e 23 de novembro en Bilbao.

Nesta VI edición, LibreCon centrará a súa actividade en 2 eixos fundamentais da economía: Open Industry 4.0 e Open Finances. Buscarase expoñer as tecnoloxías abertas que están permitindo dar servizo aos novos retos da Industria 4.0 e ao Sector das Finanzas e Seguros, en campos como o cloud computing, análise de Big Data e IoT.

Open365: Edición ofimática na nube baseada en software libre

Logotipo de eyeOSA pasada edición da Akademy-es 2016 celebrada en Madrid serviu, entre outros temas, para presentar, o que os seus desenvolderes definen como a primeira suite ofimática libre baseada no concepto cloud. Trátase de Open365 unha solución baseada netamente en software libre que foi lanzada o pasado mes como servizo beta coa aspiración de ser competencia aberta de Microsoft Office 365 e Google Docs.

Open365 é unha demostración da potencia que pode acadar un servizo baseado en produtos netamente de código aberto, do sinxelo que pode ser crear grandes aplicacións combinando grandes proxectos libres. Nesta ocasión, Open365 combina tecnoloxías libres amplamente coñecidas como o entorno de escritorio KDE, o almacén de arquivos en cloud Seafile, a suite ofimática Libre Office, a plataforma de videoconferencias Jitsi e, finalmente, Docker como solución de automatización de despregue e distribución.  

Xa está dispoñible o programa de xornada colaboraTIC.gal

Como xa se anunciou previamente, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), están a organizar colaboraTIC.gal, unha xornada para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.

Logo da xornada

Como vos informamos no seu día, o encontro terá lugar o 17 de xuño na Sala Eisenman da Cidade da Cultura. Constará de dúas partes:

  • “Vén escoitar”, centrada na exposición e presentación de boas prácticas no eido da colaboración entre o software libre e o tecido empresarial. Prazo de inscrición ata o día do evento, só limitado polo aforo.

  • “Vén falar e intercambiar”, en formato de speed-dating para favorecer encontros entre empresas de diferentes sectores fomentando a apertura de miras á hora de buscar colaboracións, clientes, provedores, etc. sempre en torno ao uso de tecnoloxías libres. Prazo de solicitude ata o 12 de xuño.

Como aplicar os principios do software libre ás decisións empresariais

Portada do Open Decision Framework de Red HatRed Hat publicou onte, a versión de comunidade do seu documento interno “Open Decision Framework” ou marco para a toma de decisións aberta con licenza libre.

Segundo as palabras de Rebecca Fernandez, a mantedora oficial deste documento, trátase dunha ferramenta de traballo que veñen desenvolvendo e probando internamente en Red Hat nos últimos anos. O documento recolle unha colección de boas prácticas para aplicar os principios do software libre aos proxectos empresariais e á toma de decisións. É dicir aplicar os principios de intercambio aberto, participación, prototipado rápido, meritocracia e comunidade á toma de decisións da nosa empresa.

Torus: Un novo e moderno sistema de almacenamento distribuído

Logotipo CoreOSCoreOS presentou onte á noite un novo sistema de almacenamento distribuído de código aberto deseñado para proporcionar almacenamento de confianza e escalable para clusters de contedores orquestradas por Kubernetes, o sistema de xestión de contedores de código aberto. Torus trata de dar resposta á problemática establecida no sector TIC no que as solucións de almacenamento existentes non foron deseñadas en orixe para ser orientadas ao cloud. "O almacenamento distribuído foi historicamente un problema indescriptible para aplicacións cloud-natal", dixo Peter Bourgon, enxeñeiro de sistemas distribuídos e creador de Go Kit.  

GeoWE: SIG On line Open Source

Os Sistema de Información Xeográfica (SIG) están amosando hoxe en día unha tendencia moi positiva e espertando a atención do gran público, así como un cambio e evolución cara á edición da información espacial directamente na web. 

Neste contexto, atopamos o proxecto Logotipo de GeoWEGeoWE, unha iniciativa nacida en España, que xorde como unha aposta por deseñar un SIX libre online de propósito xeral para levar a cabo edición avanzada de datos xeoespaciais na Web. É dicir, o seu obxectivo é achegar as capacidades de edición dos SIX de escritorio en un sistema online lixeiro e coa potencialidade da explotación de datos na nube.

Máis do 84% das pemes galegas empregan Software Libre

  • Os programas libres con maior implantación son os navegadores de internet e as aplicacións ofimáticas
  • O crecemento do Software Libre nas empresas informáticas galegas continúa a súa escalada, incrementándose en 2 puntos no último ano e situándose no 86,7%
  • No último ano aumentou en máis de 7 puntos a porcentaxe de empresas informáticas, provedoras de solucións TIC, que venden Servidores web e Servidores de correo
  • Máis da metade das empresas informáticas galegas considera que a tendencia de software libre no mercado será expansiva

O uso do Software Libre nas empresas galegas de 10 ou máis traballadores sitúase no 84,9%, por riba doutras Comunidades Autónomas como Madrid, Cataluña ou o País Vasco. No caso das microempresas a porcentaxe de uso é menor, aínda que segue a incrementarse respecto a 2014, e acada o 52,1%.

Imaxe do resumo executivo do uso de software libre nas pemes TIC no 2015

En canto ás empresas informáticas galegas, o uso do Software Libre crece en 2 puntos respecto ao ano anterior e sitúase no 86,7%. Son datos recollidos nos dous estudos sobre “O uso de Software libre nas empresas e no sector TIC de Galicia. Ano 2015”, publicados hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Estes estudos enmárcanse nas actuacións de impulso do Software libre que se establecen no Plan de Acción Software Libre anual que desenvolve a Amtega.

Pax. 10 de 51« Primeiro...89101112...203040...Último »

Pin It on Pinterest