OSOR (Open Source Observatory) publicou máis de 10 informes sobre as políticas de software de código aberto en todos os Estados membros da UE.

Estes informes céntranse no sector público e teñen por obxectivo dar unha visión xeral das políticas e iniciativas de software de código aberto en cada país.

Nos informes detállanse:
– Contexto xeral das políticas de software de código aberto na administración pública
– Actores
– Marco normativo e xurídico
– Iniciativas de software de código aberto en todos os niveis do goberno

A información presentarase en dous formatos: un breve informe cun panorama xeral das políticas e os marcos xurídicos existentes en todos os Estados Membros, así como das iniciativas de software de código aberto, e unha folla informativa.

O equipo de OSOR creará un estudo exhaustivo en forma de análise comparativa cos datos recopilados, para ofrecer unha visión completa das tendencias e das políticas de software de código aberto en toda a Unión Europea.

Os informes pódense descargar desde esta web.
Máis información na web de joinup

Pin It on Pinterest

Share This