O premio universitario ten como obxectivo fomentar o uso da xeomática libre no ambiente universitario iberoamericano. Podendo participar deste premio calquera universitario de Sudamérica, Centroamérica, o Caribe, México, España e Portugal, poden presentar os seus traballos en castelán, portugués ou inglés.
Este premio é unha boa oportunidade de dar visibilidade a proxectos que inicien ou proxectos nos que participen os universitarios e nos que empreguen tecnoloxías de información xeográfica libre.
As bases do concurso están dispoñibles en español e en inglés.
Os premios serán anunciados durante a quintas Xornadas gvSIG de Uruguay o 18 de outubro de 2018 e consta dunha contía de 250$ para o primeiro premio, 150$ para o segundo e 100$ para o terceiro, alén do recoñecemento por parte da comunidade OSGeo e GeoForAll.
Fonte: http://www.gvsig.com/es/eventos/jornadas-uruguay/2018/premio-geoforall-iberoamerica-y-osgeo
