Dende o colectivo HackLab Almería levan xa dende o inicio do confinamento por mor da crise sanitaria do covid-19 con unha actividade composta por unha serie de charlas en remoto chamadas #YoMeQuedoEnCasa.

Trátase dunha serie de charlas que teñen como obxectivo difundir e impartir formación básica sobre proxectos e ferramentas libres.

Estas charlas estanse realizando mediante a aplicación de videoconferencias libre Jitsi, onde pode entrar quen queira asistir en directo, tamén frecuentan facer unha redifusión á plataforma Youtube (na canle do colectivo) para quen queira asistir como parte pasiva dende ese servizo e para quen non a poida seguir en directo tamén solen deixar a charla gravada para a súa posterior visualización nesta plataforma.

A temática sobre a que versan as charlas é variada, así como o nivel de dificultade ou o público ao que van enfocadas, a maior parte delas teñen relación co mundo libre, ben sexa co software ou co hardware e o enfoque vai dende os usuarios básicos ata os usuarios avanzados, pasando incluso por persoal técnico que queira descubrir novas ferramentas.

O próximo evento da serie #YoMeQuedoEnCasa de HackLab Almería sobre software libre terá lugar o próximo mércores 22 de abril ás 20:15 titulado “Desarrollo de videojuegos con Love2D”.

Eventos da serie #YoMeQuedoEnCasa sobre software ou hardware libre ata o momento:

Pin It on Pinterest

Share This