Dende o colectivo HackLab Almería levan xa dende o inicio do confinamento por mor da crise sanitaria do covid-19 con unha actividade composta por unha serie de charlas en remoto chamadas #YoMeQuedoEnCasa.
Trátase dunha serie de charlas que teñen como obxectivo difundir e impartir formación básica sobre proxectos e ferramentas libres.
Estas charlas estanse realizando mediante a aplicación de videoconferencias libre Jitsi, onde pode entrar quen queira asistir en directo, tamén frecuentan facer unha redifusión á plataforma Youtube (na canle do colectivo) para quen queira asistir como parte pasiva dende ese servizo e para quen non a poida seguir en directo tamén solen deixar a charla gravada para a súa posterior visualización nesta plataforma.
A temática sobre a que versan as charlas é variada, así como o nivel de dificultade ou o público ao que van enfocadas, a maior parte delas teñen relación co mundo libre, ben sexa co software ou co hardware e o enfoque vai dende os usuarios básicos ata os usuarios avanzados, pasando incluso por persoal técnico que queira descubrir novas ferramentas.
O próximo evento da serie #YoMeQuedoEnCasa de HackLab Almería sobre software libre terá lugar o próximo mércores 22 de abril ás 20:15 titulado “Desarrollo de videojuegos con Love2D”.
Eventos da serie #YoMeQuedoEnCasa sobre software ou hardware libre ata o momento:
- “Taller de iniciación a la consola en GNU/Linux” – páxina do evento – vídeo
- “AlmeríaJS abril: ¿Puede el código JavaScript ser bello?” – páxina do evento – vídeo
- “Flatpak de supervivencia para recién llegados” – páxina do evento – vídeo
- “Introducción al lenguaje de programación Rust” – páxina do evento – vídeo
- “Cacharreando Kotlin” – páxina do evento – vídeo
- “Introducción a FreeIPA” – páxina do evento
- “Secretos del escritorio Plasma de KDE” – páxina do evento – vídeo
- “Gestion de Proyectos Open Source” – páxina do evento – vídeo
- “Creación de animaciones en Linux” – páxina do evento – vídeo
- “AlmeríaJS abril (on-line): Firebase y Angular” – páxina do evento – vídeo
- “Escribir con Markdown+Pandoc” – páxina do evento – vídeo
- “AWK, la navaja suiza de los sistemas *NIX” – páxina do evento – vídeo
- “Ecosistema PKI y Certificados digitales. Conceptos básicos” – páxina do evento – vídeo
- “Entorno de desarrollo con Python” – páxina do evento – vídeo
- “Malas prácticas en Docker” – páxina do evento – vídeo
- “Fediverso: redes libres para el futuro cercano” – páxina do evento – vídeo
- “Introducción a GIT” – páxina do evento – vídeo
- “Domotiza tu casa durante la cuarentena” – páxina do evento – vídeo
