O fabricante de microprocesadores AMD adoptará unha solución Open Source para o seu procesador de servidores Opteron. Esta decisión levará a outros fabricantes de chips a deseñar compoñentes compatibles con placas Opteron coa esperanza dunha integración a longo prazo en Opteron.

A Torrenza Innovation Socket initiative, consta dunha placa base de dous socket que soportará un chip AMD nun lado, e un terceiro chip partido no outro. Eliminando así a necesidade de conectar outros chips vía bus ou por outro método.

ATI podería contribuír cun segundo coprocesador gráfico. Sun e Fujitsu-Siemens están sopesando as posibilidades de Torrenza. AMD tamén anunciou un acordo con IBM o cal abandonará a plataforma UNIX/RISC para conectar os seus procesadores Power7 dentro das placas modificadas de Opteron.

Máis información: imd.net.au 

Pin It on Pinterest

Share This