O 16 de Outubro de 2020, de 10:00 a 11:00 horas, terá lugar por streaming a charla “Os nosos datos falan. Nolegaltech”.

Porque entendemos que as ferramentas de Big Data están ben, pero que aínda están mellor as dirixidas ao Smart Data. Todas as organizacións teñen datos, pero para sacarlles o partido necesario precisan plataformas que se adapten a elas, e non ao revés. Non ten sentido ter que adaptar unha empresa a unha única ferramenta pechada, cando podes conseguir adaptar esa ferramenta á estrutura de cada empresa.

Charla dirixida a todo aquel que trate datos persoais na súa actividade profesional e teña interese en facelo conforme á lexislación vixente.

Programa

– PLAKA
– Funcionalidades destacadas
– Visualización de información
– Cuador de mandos multiplataforma
– API Js para acceso ao dato
– Plataforma de información
– Xestor de contidos
– Autenticación personalizable
– Acceso a datos
– Acceso á información vía JDBC
– Virtualización da información
– API REST para acceso ao dato
– Auditoría de acceso á información

Organizan

Amtega, Nolegaltech e Agasol

Imparte

Nolegaltech, consultora legal para empresas tecnolóxicas, vencellada á innovación no sector legal e á transformación dixital. Expertos en dereito tecnolóxico, manteñen un LAB para o desenvolvemento de pequenas ferramentas tech que faciliten e aporten valor aos usuarios.

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información na web do CDTIC

Pin It on Pinterest

Share This