Os datos cartográficos oficiais de Colombia serán abertos

Venres, 31 Xullo 2020

O Instituto Geográfico Agustín Codazzi (IGAC) de Colombia abriu unha serie de datos propios co obxectivo de que os cidadáns, gobernos territoriais, entidades e empresas poidan utilizalos para a creación de novos servizos, a xeración de coñecemento e a análise para a toma de decisións.

Eses datos inclúen ortofotos dixitais, cartografía multiescala, información xeográfica e alfanumérica, tanto a nivel nacional como departamental, límites territoriais, clasificación das terras e mapas de chans, entre outros, e están accesibles a través do xeoportal do Instituto.

Os datos están dispoñibles de maneira dixital, gratuíta e adoptouse a licenza aberta Creative Commons CC BY 4.0 para garantir o seu uso sen restricións.

“A información que produce o IGAC é moi valiosa, por iso, dentro do proceso de modernización da entidade, abrimos, entre outros, todos os datos da Cartografía Oficial de Colombia, co obxectivo de brindar máis ferramentas aos territorios para a súa planificación; incentivar o uso de diferentes métodos de procesamento, e a xeración de novo coñecemento; ademais de achegar a mellorar a produtividade da terra e a súa xestión, …”, resaltou a Directora do IGAC, Olga Lucía López.

Máis información na nota oficial

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal