Os creadores de Second Life liberan parte do seu código

Linden, empresa creadora do simulador social Second Life, vén de anunciar que liberará o código do programa cliente do xogo baixo licenza GPLv2. A empresa afirma no seu blog que deste xeito “abraza o inevitable” e que posibilita a creación de diversos mundos de Second Life interconectados entre si e en continuo cambio. Linden comunicou que é a decisión máis importante que tomou nestes últimos sete anos e está motivada pola necesidade de que o proxecto medre a gran velocidade.
 

Os creadores de Second Life agardan que nos próximos meses xurdan unha grande cantidade de melloras especialmente en materia de seguridade. Existen proxectos similares totalmente desenvolvidos en código aberto coma Uni-verse .
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal