Organic Maps, aplicación de mapas sen conexión de software libre para Android e iOS pensada para viaxeiros, turistas, excursionistas e ciclistas. Está baseada nos datos colectivos de OpenStreetMap e curados polos fundadores de MapsWithMe.

Características:
– Mapas detallados sen conexión con lugares que non existen noutros mapas
– Rutas ciclistas, rutas de sendeirismo e carreiros
– Curvas de nivel, perfís de elevación, picos e pendentes
– Navegación a pé, en bicicleta e en coche con guía de voz
– Procuras rápidas
– Modo escuro para protexer os teus ollos
– Respecta a túa privacidade
– Aforra batería
– Non hai cargos inesperados de datos móbiles

Dispoñible tamén en f-droid.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This