Logotion Orballo PrintingA empresa Orballo Printing estase a labrar un nome relevante no mundo do impresión dixital 3D a base de Open Software e Open Hardware e o está a facer a nivel internacional. Esto, que pode ser o caso típico de empresa foránea, ocorre desta volta na casa. Orballo Printing ten a súa sede en Vigo e dende ela comercializa o seu produto estrela a impresora 3D Prusa Steel hacia todas as partes do mundo.

O factor diferencial clave desta volta para esta empresa é a súa aposta pola filosofía de compoñentes abertos e sen patente e pola coidado polo control da cadea de produción que consegue grazas a traballar na totalidade con provedores da contorna. Estos dous factores son os que, en combinación, estanlle a granxear a Orballo Printing un éxito notorio que está a ser acollido con agrado polas comunidades maker non só no ámbito local se non tamén as espalladas por todo o mundo.
Orballo Printing fai uso de licenzas libres en todo o software necesario para o uso da impresora, como son os drivers e mesmo programas de manipulación, pero tamén sabe aplicar o mesmo concepto aos compoñentes hardware. Así, evitando o patentado dos compoñentes da impresora e permitindo ao cliente a posibilidade de modificar ao seu gusto a impresora 3D que adquire, esta empresa consegue chamar a atención dos usuarios que neste mundo particular valoran moi positivamente estas características do produto a mercar.

Orballo Printing empezou como tenda especializada en impresoras 3D e os seus compoñentes ofrecendo soporte e asesoramento técnico en impresión 3D, prototipado e impresión 3D de pezas. O éxito acadado coa súa impresora, levounos finalmente a estrear unha web propia para a venda e comercialización directa dos seus produtos en Febreiro do ano pasado.

Este tipo de iniciativas empresariais, son teñen o seu particular interese de cara a dar resposta a unha nova de demanda de mercado na que os usuarios finais, xa non buscan produtos rematados, se non que demandan a posibilidade de autoabastecemento ou mesmo a capacidade de elaboracións específicas e particulares.

No plano educativo estase a ver unha tendencia similar. Este tipo de solucións poden ter un alto valor nos programas educativos do futuro abrindo as posibilidades para formación no apartado práctico. Tamén outros proxectos, como por exemplo no ámbito da robótica moi ligado ao mundo maker, tamén están dando mostras de interese no campo educativo. Así, pódese facer referencia ao recente robot educativo EIRO ou a o tamén robot educativo Escornabot ambos galegos e ambos enfocados particularmente ao campo docente.

Pin It on Pinterest

Share This