Mancomún

OpenVPN 2.5.0

Mércores, 11 Novembro 2020

OpenVPN 2.5.0 (rede virtual privada, ferramenta multiplataforma de conectividade baseada en software libre), nova versión que chega cunha gran cantidade de cambios importantes.

Novidades: admítese o cifrado de ligazón de datos mediante o cifrado de fluxo ChaCha20 e o algoritmo de autenticación de mensaxes (MAC) Poly1305, capacidade de proporcionar a cada cliente unha clave tls-crypt única, agregouse soporte para a autenticación asíncrona ao complemento auth-pam, soporte para configurar direccións IP e encamiñadores usando a interface Netlink, agregou a capacidade de usar autenticación de dous factores ou autenticación adicional a través da Web (SAML), entre outros.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal