A FSF (do inglés Free Software Foundation) anunciou os Premios do Software Libre 2018 outorgándolle a OpenStreetMap o premio ao proxecto polo beneficio social e a Deborah Nicholson da Software Freedom Conservancy o premio polo avance do software libre.

Estes premios son outorgados anualmente pola fundación dende o ano 2005.

Premio ao proxecto polo beneficio social

O premio ao proxecto polo beneficio social trátase dun premio que recoñece a un proxecto o un equipo responsable de utilizar o software libre ou aplicar a filosofía do movemento do software libre a un proxecto que beneficie á sociedade axudando á solución de problemas sociais importantes. Na edición do 2018, OpenStreetMap foi merecedor de tal mérito e que recolleu Kate Chapman en calidade de presidenta da Fundación OpenStreetMap e tamén cofundadora do proxecto humanitario HOT (Humanitatian OpenStreetMap Team).

OpenStreetMap

OpenStreetMap, non só son os mapas dispoñibles na páxina openstreetmap.org, senón que é unha obra comunitaria, onde calquera pode participar e mediante a que se pretende recopilar datos xeoespaciais e ofrecelos con unha licenza libre.

Humanitatian OpenStreetMap Team

Dento de OpenStreetMap, tamén se enmarca o proxecto HOT. Trátase dun equipo de traballo mediante o que se coordina o “mapeado” de zonas con graves vulnerabilidades, como por exemplo despois dunha catástrofe natural; esta elaboración de mapas axuda aos equipos de emerxencias nas súas labores asistenciais.

Un dato adicional sobre este proxecto é que teñen ao software libre como algo esencial e empréganse ferramentas libres no seu traballo diario.

Premio ao avance do software libre

O premio para o avance do software libre entrégase a unha persoa que teña realizado una grande contribución ao progreso e ao desenvolvemento do software libre mediante actividades concordantes co espíritu do software libre. Nesta ocasión este premio foi parar ás mans de Deborah Nicholson, debido ao seu traballo por atraer ao software libre a nova xente e levar a mensaxe de liberdade a novas audiencias.

Software Freedom Conservancy

Deborah é a directora de operacións comunitarias da Software Freedom Conservancy, unha entidade que axuda a promover, mellorar e desenvolver proxectos libres brindándolles a posibilidade de asociarse á mesma ofrecendo unha serie de servizo útiles para os desenvolvedores dos proxectos se poidan centrar nas súas tarefas mentres a SFC se encarga de tarefas como a xestión das doazóns, asesoramento legal ou axuda con diversos temas loxísticos.

Imaxe e fonte orixinal: https://www.fsf.org/news/openstreetmap-and-deborah-nicholson-win-2018-fsf-awards

Pin It on Pinterest

Share This