OpenMultiMaps é unha aplicación de software libre baixo licenza GPL v3, que permite visualizar mapas de OpenStreetMap e cambiar rapidamente dun mapa a outro no teu smartphone Android.

OpenMultiMaps

Os mapas están agrupados en diferentes categorías para axudar a clasificalos. As categorías son:
– Viaxes
– Vida cotiá
– Afeccións
– Mapas rexionais
– Contribucións

Cada unha destas categorías contén varios mapas, que permiten utilizar a localización do dispositivo.

Instalación da aplicación

Pódese descargar directamente a APK e instalala no teu smartphone, pero é recomendable usar un cliente como F-Droid para dispor das últimas actualizacións de forma automática.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This