Open Street Map fai un chamamento para mapear

Luns, 6 Abril 2020

Dende a sección humanitaria de Open Street Map, coñecida como HOT (Humanitarian OpenStreetMap Team), veñen de facer un chamamento para que a xente se anime a mapear elementos para axudar coa situación excepcional na que vivimos, ben sexa para facilitar a vida da xente como para axudar a todos os profesionais a combater a pandemia.

Dende HOT, sinalan algún elementos clave a poñer no mapa ou a completar a información existente sobre eles como poden ser hospitais e demais centros de saúde, farmacias, supermercados e tendas de alimentación, bancos e caixeiros automáticos. Tamén sinalan diversas tarefas concretas relacionas coa alerta sanitaria.

Toda a información pode completarse no artigo da páxina de HOT.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal