Open Source Summit Europe terá lugar en Lyon (Francia) durante os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro, evento que compartirá estancia e tempo coa Conferencia Europea de Linux Embebido.

O Open Source Summit trátase dunha conferencia tecnolóxica  á cal os organizadores prevén que acudan máis de 2500 persoas de distintos perfís, dende programadores expertos a directores de departamentos tecnolóxicos pasando por administradores de sistemas, arquitectos IT, etc.

Durante os tres días que dura o evento haberá infinidade (ata 20 distintas ao mesmo tempo) de actividades diversas como charlas, reunións, mesas redondas e mesmo momento para facer “networking” entre persoas de diversas empresas e comunidades con intereseses comúns arredor das tecnoloxías libres. O horario completo da conferencia pode verse nesta ligazón.

Este evento forma parte dos eventos que a Linux Foundation organiza arredor do software libre por todo o mundo e contando este con empresa de talla mundial como patrocinadores.

Os días seguintes ao propio evento, aproveitando que miles de profesionais estarán en Lyon, tamén terán lugar outros eventos relacionados coas tecnoloxías libres, pode verse todo o listado, así como máis detalles de cada evento, aquí.

Máis información sobre o evento na súa páxina web.

Pin It on Pinterest

Share This