Google, Microsoft, GitHub e outras empresas uníronse para formar unha organización chamada Open source Security Foundation (organización que ten como obxectivo mellorar a seguridade e efectividade do código aberto/software libre).

A Open source Security Foundation propón a creación de distintos grupos de traballo nos cales se manexarán iniciativas tales como a CII (Iniciativa de Infraestrutura Central) e a Coalición de Seguridade de Open source que posúe GitHub.

As iniciativas técnicas iniciais da Open source Security Foundation céntranse en:
– Divulgación de vulnerabilidades
– Ferramentas de seguridade
– Mellores prácticas de seguridade
– Identificación das ameazas da seguridade dos proxectos de código aberto/software libre
– Asegurar os proxectos críticos
– Certificado de Identidade Dixital

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This