Recentes movementos próximos ao Open Source das compañías Digium e Vyatta fan especular coa introdución do Open Source dentro do mundo das telecomunicacións. …

Digium, o creador da plataforma aberta de telefonía “Asterisk“, recibiu recentemente cerca de 11 millóns de euros para o seu financiamento por parte da Matix Partners. Isto axudará a consolidar o crecemento continuado de Digium e de Asterisk, especialmente no lanzamento de novas ofertas de mercado no mundo das comunicacións empresariais. Asterisk utilízase como a base dunha ampla variedade de equipamento, incluíndo PBX e sistemas interactivos de resposta por voz.

Vyatta, pola súa parte, lanzou o seu 1.0 Open Flexible Router (OFR) en xullo, converténdose na primeira compañía en ofertar un router totalmente desenvolvido con Open Source. Existen tamén outros proxectos Open Source coma Quagga e GNU Zebra , pero Vyatta é a primeira compañía en poñer o produto en plena explotación incluíndo soporte.

Máis información:

LightReading

IADBC

Pin It on Pinterest

Share This