Open-Source FPGA Foundation, desenvolvemento de solucións abertas

Mércores, 21 Abril 2021
Open-Source FPGA Foundation, desenvolvemento de solucións abertas

Open-Source FPGA Foundation é unha nova asociación para o desenvolvemento conxunto de solucións abertas de hardware e software.

Ofrece un conxunto de ferramentas gratuítas e de software libre que permiten a creación rápida de prototipos para chips FPGA e o apoio automatizado de EDA, a través da colaboración de estándares abertos.

O obxectivo da Fundación é liberar ás empresas de FPGA do proceso de produción de chips FPGA, que require moito traballo de enxeñería, dar plena liberdade aos desenvolvedores de software á hora de personalizar as pilas de software de FPGA e proporcionar unha colaboración aberta para que os usuarios finais de FPGA poidan implementar deseños de alta calidade.

A Open-Source FPGA Foundation reunirá a empresas, universidades e persoas que traballen ou estean interesadas no avance das capacidades das FPGA de software libre, establecerá as canles de cooperación necesarios, promoverá a divulgación e a educación, e coordinará os esforzos conxuntos para facilitar a colaboración ao redor dun ecosistema de FPGA de software libre.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal