Open Metaverse, fundación da Linux Fundation

Xoves, 2 Febreiro 2023

A Fundación Linux, coa Open Metaverse Foundation, pretende sentar as bases para un progreso práctico e poderoso na construción conxunta de mundos inmersivos, globais e escalables.

Proporcionará un espazo de colaboración con diversas industrias para traballar no desenvolvemento de software e estándares de código aberto para un metaverso inclusivo, global, independente do provedor e escalable. Está organizada en grupos de interese que proporcionan unha estrutura de toma de decisións enfocada e distribuída sobre temas clave.

Os oito grupos de interese principais de OMF consisten en usuarios, transaccións, activos dixitais, modelado e mundos virtuais, intelixencia artificial, redes, seguridade e privacidade, lexislación e política.

“Estamos só nos primeiros días da visión dun metaverso aberto, e recoñecemos que moitas comunidades e fundacións de código aberto están a traballar en pezas críticas deste crebacabezas iterativo”, dixo Royal O’Brien, director executivo. “Aínda que os desafíos poden parecer intimidantes, estou contento polas posibilidades de colaborar cunha ampla comunidade global para unir estas pezas e converter esta visión en realidade.”

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal