Nova versión da suite ofimática ONLYOFFICE 6.1, que trae melloras do traballo colaborativo nas follas de datos e documentos, melloras no traballo con gráficos, ademais de engadir soporte para a arquitectura ARM de Apple.

ONLYOFFICE

ONLYOFFICE 6.1 tamén ten unha serie de características que facilitan o traballo científico: funcións de diagrama melloradas para a avaliación de datos, notas ao final e referencias cruzadas en documentos de texto, autocorreccións para ecuacións matemáticas e opcións de verificación adicionais para todos os editores.

Soporte para as CPUs de Apple baseadas en ARM, co chip M1. A aplicación de escritorio execútase a través de Rosetta 2, o software emulador/tradutor de Apple que permite aos Macs M1 executar programas deseñados para a arquitectura Intel. Unha versión nativa dos editores de escritorio estará dispoñible no próximo lanzamento.

Outras novidades

– Notas ao final, pódense converter todas as notas ao pé de páxina en notas ao final e viceversa, así como editalas.
– Referencias cruzadas para gráficos, táboas, marcadores e outros.
– Reconto de liñas, o número de liñas móstrase á beira de cada liña do texto.
– A aplicación de escritorio facilita o traballo cos datos dos gráficos. Poden editarse, reorganizar as series e categorías de datos e cambiar a forma en que se representan os datos intercambiando as filas e columnas.
– Novas opcións de correccións matemática das ecuacións e decidir que expresións deben ser recoñecidas como funcións.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This