Oferta de emprego para técnicos GRID

Oferta de emprego para técnicos GRID
CesgaO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) necesita cubrir unha praza de técnico de sistemas GRID e outra de técnico superior de sistemas GRID. Para ámbalas dúas prazas requírense coñecementos de Linux en contornas GRID. Os curriculums vitae deben ser enviados a emprego@cesga.es ou no enderezo: Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela antes das 14:00 horas do 1 de marzo deste ano.

O técnico superior estará encargado do soporte e desenvolvemento de aplicacións en contornos GRID e implementación de sistemas de monitorización e accounting. Para esta praza requírese:

  • Ser licenciado superior en informática ou nunha disciplina afín.
  • Coñecementos demostrables en administración de sistemas en contornas Linux.
  • Dispoñibilidade para viaxar por Europa.
  • Inglés falado e escrito con nivel de conversa técnica. 
Pola súa banda, a misión do técnico GRID será manter operativa a infraestrutura dos nodos GRID do CESGA. Requírese:
  • Titulación media en informática ou disciplina afín ou ciclo superior de administración de sistemas informáticos.
  • Experiencia práctica de dous anos demostrables en programación de shell scripts de Linux, administración de clusters Linux con contornas GRID e software de monitorización, estatísticas e accounting.
Ademais de, coma no outro posto, dispoñibilidade para viaxar e inglés. Os dous contratos son por un ano.  
 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal