Oferta de emprego: Analista/Programador PHP para Wireless Galicia

A empresa Wireless Galicia precisa un Analista/Programador PHP con experiencia en contornas LAMP para a súa oficina de Vigo. Requírese a titulación de Enxeñería Técnica ou Superior de Enxeñería informática (aínda que son aceptadas outras titulacións se se acredita posuír os coñecementos demandados), ter dous anos de experiencia en PHP (coma mínimo 2 anos),  experiencia en  Subversion(control de versións), Smarty e no uso dos repositorios PEAR e SourceForge .
 
Podes recibir ofertas de emprego coma esta subscribíndote á nosa lista de ofertas de emprego de Software Libre.
 

A praza sería por tempo indefinido cun tempo de proba de 6 meses. A remuneración dependerá da experiencia laboral amosada.

As funcións deste Analista/Programador serán:

  • Análise, deseño, redacción de propostas e interlocución cos clientes
  • Instalación, configuración e personalización de aplicacións open source
  • Integración e mantemento de aplicacións Web predeseñadas (Joomla, OsCommerce, Sugar CRM, Drupal, Moodle, SPIP…)
  • Formación especializada en casos puntuais

Ademais dos requirimentos mencionados valorarase: 

  • Experiencia no desenvolvemento de proxectos de envergadura
  • Ter traballado con PHP 4/5 orientado a obxectos
  • Experiencia escribindo código optimizado e limpo en PHP
  • Experiencia ou capacidade para traballar en sitios Web de elevado tráfico
  • Coñecementos avanzados de administración Linux
  • Soltura no manexo de distribucións Linux (Debian, Suse, Ubuntu…)
  • Experiencia en maquetación Web e uso de Dreamweaver
  • Coñecementos de Flash (ActionScript)

Os curriculums vitae deben ser enviados por correo electrónico a rrhh@wirelessgalicia.com ou correo postal a Sección Bolsa de traballo da Web de Wireless Galicia.   

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal