OBS Studio, programa multiplataforma de software libre para a gravación de vídeo e transmisión por streaming, chega á versión 26.0 con interesantes melloras e un novo filtro de supresión de ruído con RNNoise (pensado para eliminar ruídos ou sons de fondo molestos).

Outros cambios: a barra de ferramentas permite o acceso para cambiar características das fontes, agregouse a Cámara Virtual na versión de Windows (podendo usarse a saída de vídeo como cámara noutras aplicacións).

Os cambios máis destacados en GNU/Linux son: solucionado o problema de procuras no navegador de arquivos, corrección da función “Sempre na parte superior”, as cámaras que usan V4L2 funcionan ben, a selección de idioma preferido detectarase correctamente.

Máis información nas notas oficiais de lanzamento

Pin It on Pinterest

Share This