A Oficina de Software libre da Xunta de Galicia, en colaboración coa rede CeMIT, vai organizar unha serie de obradoiros gratuítos e presenciais sobre ferramentas libres que se impartirán na aula CeMIT de Pontevedra.

Os obradoiros son de nivel intermedio, pensados para motivar a empregar as ferramentas libres que se verán neles (Gimp, Inkscape, Audacity, Kdenlive e OBS Studio) antes que outras alternativas privativas. Os obradoiros son principalmente prácticos e o grupo máximo de alumnos será de 15 persoas.

Descrición do que atoparemos en cada curso:
– No curso sobre Gimp, verase un par de fluxos de traballo orientado ao retoque de fotografías.
– No curso sobre Inkscape, crearemos carteis e fondos de pantalla, axudándonos de imaxes e creando deseños propios.
– No curso sobre Audacity, gravaremos e editaremos un podcast ou unha ficción sonora.
– No curso sobre Kdenlive, veremos un fluxo de traballo para a creación dun documental low cost.
– No curso sobre OBS Studio, veremos como configurar e optimizar OBS Studio para creación dun videotitorial ou facer streaming dunha clase, aproveitando todo o aprendido sobre son e vídeo nos cursos anteriores.

Obradoiro sobre GIMP

O primeiro obradoiro centrarase en GIMP, e terá lugar o 27 de abril en horario de 17.00 a 19.00 horas, na aula CeMIT de Pontevedra. Durante o obradoiro veranse un par de fluxos de traballo orientados ao retoque de fotografías. Traballaremos con ferramentas básicas de Gimp e outras máis avanzadas como son o uso do Histograma, Niveis, Capas e Máscaras de capa. Ademais de ver consellos tanto para a toma de fotografías, revelado dixital, así como para a súa exportación.

Inscrición

Podedes facer a inscrición para o obradoiro de Gimp a través da web da aula CeMIT de Pontevedra: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38545

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This