Ata maio vanse desenvolver varias actividades formativas relacionados con Arduino no espazo “Depo FabLab”, laboratorio de fabricación dixital que a Deputación de Pontevedra impulsa no espazo de coworking do polígono de Barro.

O 23 de abril terá lugar o obradoiro de “Arduino con ferramentas libres I“; que continuará o 30 de abril con “Arduino con ferramentas libres II” e o ciclo pecharase o 7 de maio con “Arduino con ferramentas libres III”.

Todos os obradoiros son en horario de tarde, e teñen capacidade para 15 persoas.

O acceso é de balde e soamente require inscrición previa.

O espazo “Depo FabLab” busca converterse nun punto de referencia para persoas emprendedoras, buscando atraer proxectos de corte innovador e tecnolóxico. É un espazo no que se favorece a aprendizaxe teórica e práctica sobre as últimas ferramentas tecnolóxicas en canto a codificación dixital, impresión e robótica.

FabLab conta con impresoras e escáneres 3D, kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material electrónico diverso e ordenadores de sobremesa. Dispón tamén dun gran número de circuítos integrados (Shields) que permiten conectividade sen fíos, Bluetooth, GPS, 3G, NFIC e de diferentes tipos de sensores.

Máis información e inscrición:

Pin It on Pinterest

Share This