O próximo 11 de xuño terán lugar varios obradoiros tecnolóxicos organizados en dous Puntos SmartPeme de Pontevedra.

Crea unha páxina profesional con WordPress

Este obradoiro celebrarase no Punto SmartPeme O Porriño cunha duración de 3 horas, entre as 18.00 e 21.00.


Durante esta xornada amosaranse as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.
WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.

Índice de contidos

– Instalación de WordPress
– Configuración básica
– Manexo dos temas
– Engadir entradas ao blogue
– Engadir páxinas
– Xestión de plugins e widgets
– Xestionar comentarios
– Actualizacións
– Formularios
– Copias de seguridade

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Intermedio.

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Inscrición

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse nesta ligazón.
Máis información.

Crea a túa tenda en liña con PrestaShop

Obradoiro que terá lugar no Punto SmartPeme Vigo cunha duración de 3 horas, entre as 18.00 e 21.00.

Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear unha tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos

– Introdución ao Comercio Electrónico
– Aspectos a ter en conta nunha tenda online
– PrestaShop: Concepto e proceso de instalación
– Instalación dunha persoal
– Personalización dunha persoal
– Recursos WEB
– Organización do noso e-commerce
– Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Iniciación.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Inscrición

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse na seguinte ligazón.
Maís información.

Pin It on Pinterest

Share This