A aula CeMIT do Concello de Cuntis acollerá durante o mes de outubro, unha ampla programación telemática de actividades de alfabetización dixital dirixidas tanto a persoas adultas como a nenos e nenas.

Os obradoiros comezarán en breve, ademais, todos os luns, martes e mércores do mes, de 12.00 a 14.00 horas, estará operativo un ‘Servizo de axuda tecnolóxica’, no que as persoas interesadas poderán resolver en liña calquera dúbida que teñan sobre o funcionamento de ferramentas tecnolóxicas como os móbiles, ordenadores, as tabletas, …

Programación con Scratch para nen@s

Todos os sábados do mes, os nenos e nenas serán os protagonistas, cos obradoiros de programación (de 12.00 a 13.00 horas) e ‘Microbit para nenos’ (de 13.00 a 14.00).

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolto polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab.

A sua principal característica consiste en que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código. As súas características ligadas ao fácil entendemento do pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido na educación de nenos, adolescentes e adultos.

As habilidades adquiridas mediante Scratch, pódense aplicar a outras linguaxes básicas de programación como Python e Java.

Unha maneira de empezar a usar o programa en clase, é aprender baseándose en retos con xogos e pequenos proxectos, onde os nenos poidan desenvolver a súa creatividade. A través de titoriais do MIT, pódese aprender desde cero a programar con Scratch, utilizando a guía de iniciación creada polo mesmo Instituto.

Edición de vídeo con OpenShot

O 13, 14 e 15 outubro, terá lugar o curso de edición de vídeo con OpenShot (editor de vídeo de software libre).

Inscrición

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades, deberán contactar coa propia aula CeMIT para reservar unha praza, posto que son limitadas en todos obradoiros.

Poden facelo a través do enderezo electrónico cemit.cuntis@xunta.gal, do teléfono 683 147 165 ou dende a páxina web da Rede CeMIT.

Máis información na web da aula CeMIT de Boiro

Pin It on Pinterest

Share This