Continúan as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.
Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.

O 21 de xaneiro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Crea unha páxina profesional con WordPress” no Punto SmartPeme Vigo.

WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.

Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.

Índice de contidos

1- Instalación de WordPress
2- Configuración básica
3- Manexo dos temas
4- Engadir entradas ao blogue
5- Engadir páxinas
6- Xestión de plugins e widgets
7- Xestionar comentarios
8- Actualizacións
9- Formularios
10- Copias de seguridade

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Intermedio.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.

Inscrición

A inscrición pode facerse a través desta web.

Máis información na web oficial

Pin It on Pinterest

Share This