O próximo 14 de xaneiro terá lugar o obradoiro “Crea unha páxina profesional con WordPress” no Punto SmartPeme de Ponteareas.

Crea unha páxina profesional con WordPress

Este obradoiro celebrarase no Punto SmartPeme de Ponteareas cunha duración de 3 horas, entre as 18.00 e 21.00.

Durante esta xornada amosaranse as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.
WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.

Índice de contidos

– Instalación de WordPress
– Configuración básica
– Manexo dos temas
– Engadir entradas ao blogue
– Engadir páxinas
– Xestión de plugins e widgets
– Xestionar comentarios
– Actualizacións
– Formularios
– Copias de seguridade

Imparte

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Inscrición

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse nesta ligazón.

Máis información na páxina oficial.

Pin It on Pinterest

Share This