Continúan as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.
Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.

Crea unha páxina profesional con WordPress
Este obradoiro celebrarase o 28 de xaneiro, no Punto SmartPeme Cambados, cunha duración de 3 horas entre as 18.00 e 21.00.

Durante esta xornada amosaranse as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado.
WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.
Índice de contidos
– Instalación de WordPress
– Configuración básica
– Manexo dos temas
– Engadir entradas ao blogue
– Engadir páxinas
– Xestión de plugins e widgets
– Xestionar comentarios
– Actualizacións
– Formularios
– Copias de seguridade
Nivel necesario para aproveitar o obradoiro
Intermedio.
O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Inscrición
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse nesta ligazón.
Máis información na web oficial do evento
