Obradoiro sobre Woocommerce no Punto SmartPeme Ponteareas

Venres, 27 Setembro 2019

Retómanse en outubro as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.

Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.

O 1 de outubro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Woocommerce: a solución que buscabas para vender por internet” no Punto SmartPeme Ponteareas.

Obradoiro dirixido a persoas interesadas no comercio electrónico a través da plataforma Woocommerce.

Woocommerce é unha ferramenta sinxela e intuitiva que permite montar unha tenda online de tamaño medio. É un plugin de WordPress, de código aberto e gratuíto, que che permitirá crear e ter a túa tenda online.

Neste obradoiro ensinarase aos alumnos a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos.

Índice de contidos

– Elementos a ter en conta.
– Instalación de Woocommerce e consideracións importantes.
– Configuración de Woocommerce.
– Produtos Simples.
– Produtos Agrupados.
– Produtos Externos/Afiliados.
– Produtos Variables.
– Plugins (seguridade, pedidos, campos…).

Imparte

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.

Inscrición

A inscrición pode facerse a través desta web.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal