No 2020 continúan as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.
Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.


O 9 de xaneiro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Woocommerce: a solución que buscabas para vender por internet” no Punto SmartPeme Lalín.


Obradoiro dirixido a persoas interesadas no comercio electrónico a través da plataforma Woocommerce.

Woocommerce é unha ferramenta sinxela e intuitiva que permite montar unha tenda online de tamaño medio. É un plugin de WordPress, de código aberto e gratuíto, que che permitirá crear e ter a túa tenda online.


Neste obradoiro ensinarase aos alumnos a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos.

Índice de contidos

– Elementos a ter en conta.
– Instalación de Woocommerce e consideracións importantes.
– Configuración de Woocommerce.
– Produtos Simples.
– Produtos Agrupados.
– Produtos Externos/Afiliados.
– Produtos Variables.
– Plugins (seguridade, pedidos, campos…).

Imparte

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscrición

A inscrición pode facerse a través desta web.

Máis información na web oficial do evento.

Pin It on Pinterest

Share This