Continúan as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.

Actividades que buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.


O 10 de outubro, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Crea a túa tenda en liña” no Punto SmartPeme Pontevedra.

Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear unha tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma.


Prestashop

PrestaShop é un sistema xestor de contidos (CMS) libre e de código aberto, orientado principalmente á creación de tendas en liña de comercio electrónico. Está baseado en PHP, MySQL e Smarty.

PrestaShop é unha plataforma de eCommerce completa, innovadora e eficaz que che permitirá crear a túa tenda online e desenvolver o teu negocio na internet.

Índice de contidos

– Introdución ao Comercio Electrónico
– Aspectos a ter en conta nunha tenda online
– PrestaShop: Concepto e proceso de instalación
– Instalación dunha persoal
– Personalización dunha persoal
– Recursos WEB
– Organización do noso e-commerce
– Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Obradoiro de iniciación.

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o marketing online.

Inscrición

A inscrición pode facerse a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This