O próximo 18 de xuño, en horario de 18.00 a 21.00, terá lugar o obradoiro tecnolóxico “Crea a túa tenda en liña con Prestashop” organizado no Punto SmartPeme de Lalín.

Crea a túa tenda en liña con PrestaShop

Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear unha tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos

– Introdución ao Comercio Electrónico
– Aspectos a ter en conta nunha tenda online
– PrestaShop: Concepto e proceso de instalación
– Instalación dunha persoal
– Personalización dunha persoal
– Recursos WEB
– Organización do noso e-commerce
– Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Iniciación.
O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscrición

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse na seguinte ligazón.
Maís información.

Pin It on Pinterest

Share This