Continúan en xullo as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.
Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.


O 23 de xullo, en horario de 18.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Crea a túa tenda en liña con PrestaShop” no Punto SmartPeme Cambados.

Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear unha tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos

Introdución ao Comercio Electrónico
Aspectos a ter en conta nunha tenda online
PrestaShop: Concepto e proceso de instalación
Instalación dunha persoal
Personalización dunha persoal
Recursos WEB
Organización do noso e-commerce
Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Iniciación.

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Inscrición

A inscrición pode facerse no teléfono 886 20 20 20, mandando un correo electrónico a info.smartpeme@depo.es ou a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This