Continúan as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.

Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.


O 22 de outubro, en horario de 19.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Plugins de WordPress para mellorar a túa web” no Punto SmartPeme Lalín.

WordPress é un sistema de xestión de contidos, enfocado á creación de calquera tipo de páxina web. Orixinalmente alcanzou unha gran popularidade na creación de blogs, para converterse co tempo nunha das principais ferramentas para a creación de páxinas web comerciais.


Co fin de mellorar a túa web e ampliar os teus coñecementos á hora de coñecer todo este tipo de axudas e vantaxes que aporta WordPress, neste obradoiro verase o funcionamento de varios plugins para realizar copias de seguridade da túa web, traducir a túa web a varios idiomas, ampliar as ferramentas de ortografía, formatos e fontes nas túas entradas e páxinas, realizar pop-ups, descargar documentos en diferentes formatos, dar distintos roles e permisos á hora de administrar a nosa web, mellora a rapidez de carga, asesor de cookies, posicionamento, galerías de imaxes, creador de logotipos.

Índice de contidos

– Que é un plugin de WordPress?
– Instalación de plugins en WordPress
– Listas de plugins, función, nome e autor
– Vídeos de manexo e configuración dos plugins

Nivel necesario para aproveitar o obradoiro

Intermedio.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscrición

A inscrición pode facerse a través desta web.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This