A Oficina de Software libre da Xunta de Galicia, en colaboración coa rede CeMIT, organiza unha serie de obradoiros gratuítos e presenciais sobre ferramentas libres que se impartirán na aula CeMIT de Pontevedra.

Os obradoiros son de nivel intermedio, pensados para motivar a empregar as ferramentas libres que se verán neles (Gimp, Inkscape, Audacity, Kdenlive e OBS Studio) antes que outras alternativas privativas. Os obradoiros son principalmente prácticos e o grupo máximo de alumnos será de 15 persoas.

Descrición do que atoparemos en cada curso:
– No curso sobre Inkscape, crearemos carteis e fondos de pantalla, axudándonos de imaxes e creando deseños propios.
– No curso sobre Audacity, gravaremos e editaremos un podcast ou unha ficción sonora.
– No curso sobre Kdenlive, veremos un fluxo de traballo para a creación dun documental low cost.
– No curso sobre OBS Studio, veremos como configurar e optimizar OBS Studio para creación dun videotitorial ou facer streaming dunha clase, aproveitando todo o aprendido sobre son e vídeo nos cursos anteriores.

Obradoiro sobre Inkscape

O segundo obradoiro centrarase na ferramenta de deseño Inkscape, e terá lugar o 12 de maio en horario de 17.00 a 19.00 horas, na aula CeMIT de Pontevedra. Durante o obradoiro realizaranse varios deseños e veranse as ferramentas para traballar con imaxes vectoriais.

Inscrición

Podedes facer a inscrición para estes obradoiro a través da web da aula CeMIT de Pontevedra:
https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/38546

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This