Obradoiro en Bricolabs “Como orientarse na oferta de Software libre e non morrer no intento”

Martes, 18 Xuño 2019

O venres 28 de xuño, en horario de 18.30 a 20.30, Bricolabs organiza un obradoiro chamado “Como orientarse na oferta de Software libre e non morrer no intento” dentro das sesións “entre Tuxes”, os cales forman parte do programa de actividades da OSHWDem 2019.

Localización

O obradoiro terá lugar no Espazo Maker de Bricolabs, no museo Domus – Casa do Home de A Coruña.

Como orientarse na oferta de Software libre e non morrer no intento. Como sobrevivir á síndrome NIH (Not invented here).

Obradoiro impartido por Luigi Pirelli, QGIS Core Developer – FOSS4G Software Developer (@Ginetto no twitter).

Na programación, tamén é común referirse á «síndrome dos NIH» como a tendencia a  reinventar a roda (reimplementar algo que xa está dispoñible) baseada na crenza de que os desenvolvementos internos son intrinsecamente máis adecuados, máis seguros, máis controlados, máis rápidos de desenvolver e incorren nun menor custo global (incluíndo o custo de mantemento) que o uso de implementacións existentes.

Nalgúns casos, o software coa mesma funcionalidade que xa existe é  reimplementado só para permitir o uso dunha licenza de software diferente.

Puntos que se verán nesta actividade:
Como sobrevivir á síndrome NIH.
– Desde o uso privado ata ás grandes administracións, as problemáticas para manexar a complexidade da oferta do Software libre.
– Os erros comúns que levan a calexóns sen saída.
– As métricas para decidir onde investir esforzos.

Este taller está limitado a maiores de catorce anos. Se eres menor de idade deberás vir acompañado por un adulto, e debedes inscribirvos os dous.

Inscrición

Os obradoiros de “entre Tuxes” en Bricolabs son libres e gratuítos, pero existe aforo limitado. Para asistir a eles é necesaria a inscrición previa, a través dos formularios que atoparedes nas webs dos respectivos obradoiros:
– Sesión 06 “Como orientarse na oferta de Software libre e non morrer no intento”

Máis información na web oficial da Oshdem ou no seu twitter.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal