Obradoiro de Scratch na aula CeMIT de Ames

Luns, 22 Marzo 2021
Obradoiro de Scratch na aula CeMIT de Ames

Durante o 29, 30 e 31 de marzo, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa, a aula CeMIT de Ames organiza un obradoiro virtual de Scratch (ferramenta de programación e robótica educativa) para nenos, nenas e adolescentes.

Terá lugar a través de Youtube, en horario de 10.30 a 12.00 horas.

Scratch

Scratch é unha linguaxe de programación visual desenvolto polo Grupo Lifelong Kindergarten do MIT Media Lab. A sua principal característica consiste en que permite o desenvolvemento de habilidades mentais mediante a aprendizaxe da programación sen ter coñecementos profundos sobre o código.

As súas características ligadas ao fácil entendemento do pensamento computacional fixeron que sexa moi difundido na educación de nenos, adolescentes e adultos. As habilidades adquiridas mediante Scratch, pódense aplicar a outras linguaxes básicas de programación como Python e Java.

Unha maneira de empezar a usar o programa en clase, é aprender baseándose en retos con xogos e pequenos proxectos, onde os nenos poidan desenvolver a súa creatividade. A través de titoriais do MIT, pódese aprender desde cero a programar con Scratch, utilizando a guía de iniciación creada polo mesmo Instituto.

Inscrición

Para poder inscribirse precísase dun ordenador co software necesario e conectado á rede para poder seguir a retransmisión en directo dende YouTube. Este curso mestura sesións explicativas con prácticas titorizadas para facilitar o aprendizaxe.

Para inscribirse nalgunha das actividades será preciso estar rexistrado de balde na rede CeMIT. Para máis información ou facer a reserva podes acceder á aula no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerte en contacto a través do número teléfono: 682 373 753 ou do enderezo de correo electrónico: cemit.ames@xunta.gal

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal