Obradoiro de Scratch na aula CeMIT de Ames

Martes, 14 Xuño 2022
Obradoiro de Scratch na aula CeMIT de Ames

A aula CeMIT do Concello de Ames (situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns) continúa a súa actividade formativa neste 2022. Durante os meses de xuño e xullo, continuará acompañando a súa oferta de obradoiros co acceso á aula aberta, de luns a venres de 9:30 a 13:00 horas. Ademais, manterase a atención telefónica e por teléfono de luns a venres, das 16:00 ás 18:30 horas.

Curso presencial de Scratch

 

Todos os mércores, do 29 de xuño ao 27 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, a rapazada de 8 a 12 anos gozará dun curso de Scratch, no que poderán mergullarse nas bases desta ferramenta de programación creando xogos e colaborando entre eles e elas.

Inscrición

Para contactar coa aula CeMIT de Ames, cómpre chamar ao 682 373 753, ou ben escribir ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal