O sábado 2 de outubro terá lugar o “Obradoiro de Micro:bit para nenas e nenos” entre 7 e 12 anos no que participarán en compaña dun adulto. O evento celebrarase no local da Industriosa, na rúa Barcelona 13, en Vigo.

As placas Micro:bit naceron no 2016 nun proxecto impulsado pola BBC do Reino Unido e hoxe en día e un dos proxectos mais estendidos a nivel internacional no ensino e na introdución á programación e electrónica.

O obradoiro durará media xornada na que as nenas e nenos achegaranse ó mundo da programación por bloques mediante distintas actividades e xogos. Principalmente empregaremos o entorno de programación por bloques MakeCode, un editor gráfico de software libre para a aprendizaxe e inicio á programación.

Dende A Industriosa facilitarán as placas e o material necesario para as actividades, soamente será necesario un ordenador portátil por familia.

Inscrición

Podedes rexistrarvos a través do Meetup da Industriosa. Para tomar as máximas precaucións as prazas están limitadas a 7 familias, e máximo dous nenos acompañados dun adulto por familia.

Evento patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This