O sábado 3 de agosto en horario de 10:30 a 13:30, comezan os talleres en Makers Lugo cun taller de “Montaxe de Impresoras 3D”.

Posteriormente a este taller, Makers Lugo organizará unha serie de actividades abertas a todos os públicos, nos que darán formación en deseño e impresión 3D.


Makers Lugo

Makers Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en 2014, co ánimo de contribuír á construción dunha sociedade baseada nos principios do libre acceso á tecnoloxía, impulsando actividades relativas a hardware e software libre.


Organizan quedadas, obradoiros e charlas para introducir á xente no movemento Maker.

Programa de actividades

Durante a xornada, montaranse tres impresoras da marca Creality, concretamente o modelo Ender 3. As impresoras quedarán no local de Makers Lugo para usos posteriores. A intención é poder usar este equipamento nas seguintes actividades da asociación.

Inscrición

Esta actividade, debido a que soamente dispoñen de tres impresoras 3D na asociación, será específica para socios de Makers Lugo.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This