Obradoiro de Modelado e impresión 3D para mulleres de 14 anos en adiante. O obradoiro terá lugar o 24 e 25 de agosto en Amigus Labs, Praza do Hospital 14, As Pontes.

Impresión 3D

Este curso de Introdución á impresión 3D oriéntase a principiantes que non están familiarizados coa Impresión 3D, e estudantes que queren introducirse nesta tecnoloxía. Non é necesario ningún coñecemento anterior.

Cada participante pode asistir acompañada dun neno de entre 8 e 13 anos. Durante o obradoiro haberá na aula varias impresoras de deposición de plástico, así como ferramenta de aprendizaxe e ferramentas de fabricación das pezas que sexa preciso durante o tempo do obradoiro.

As pezas creadas polas alumnas imprimiranse en Amigus Labs e entregaranse durante os días 26, 27 e 28 de agosto en horario de 10:00 a 13:00.

Inscrición

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera nos emails amigus@amigus.org ou euroeume@euroeume.org.

Máis información na web oficial do evento

Pin It on Pinterest

Share This