Obradoiro de modelado e impresión 3D, en Amigus Labs

Martes, 16 Agosto 2022
Obradoiro de modelado e impresión 3D, en Amigus Labs

O 25 e 26 de agosto en Amigus Labs, (na Praza do Hospital 14, As Pontes), terá lugar o curso de Introdución á impresión 3D, orientado a principiantes que non están familiarizados coa Impresión 3D, e/ou estudantes que queren introducirse nesta tecnoloxía.

Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar.

banner

– Iniciación ao deseño 3D con Tinkercad.
– Modelado da súa propia peza 3D.
– Iniciación á Impresión 3D.
– Do deseño á peza impresa.
– Laminar as pezas para imprimilas con Cura.
– Problemas de impresión 3D.

Durante o obradoiro haberá na aula varias impresoras de deposición de plástico como ferramenta de aprendizaxe e como ferramenta de fabricación das pezas que sexa preciso/posible no tempo do obradoiro. As pezas creadas polo/as alumno/as imprimiranse en Amigus Labs e entregaranse durante o día 28 de agosto en horario de 10:30 a 13:00.

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

cartel

Máis información e inscrición

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal