Obradoiro de Modelado 3D con FreeCAD en Amigus Labs

Luns, 18 Outubro 2021
Obradoiro de Modelado 3D con FreeCAD en Amigus Labs

O sábado 23 de outubro, en horario de 10.30 a 13.00, terá lugar un obradoiro sobre “Modelado 3D con FreeCAD” nas instalacións de Amigus Labs na Praza do Hospital 14, nas Pontes.

Necesitas unha caixa a medida ou especial?, queres crear unha peza de xoiería, un adorno ou un regalo único?. Se tes algún destes problemas ou inquietudes, ou outros parecidos nos que precises crear pezas propias, coñecer un programa de modelado 3D como FreeCAD podería axudarche a conseguilo.

FreeCAD

FreeCAD é unha das ferramentas de software libre de referencia no “mundo maker” para a creación e modelado de pezas en 3D, totalmente libre (e gratuíta), que alcanzou o seu máximo apoxeo gracias á popularización das impresoras 3D, ó alcance xa de calquera persoa hoxe en día. É multiplataforma, polo que poderás usala indistintamente en calquera ordenador con calquera Sistema Operativo: Windows, GNU/Linux ou OSX.

O relator -Miguel- fará unha introdución dende cero a esta ferramenta, para iniciarte e comezar a crear as túas primeiras pezas. O obradoiro será totalmente práctico e está pensado para que saias con algo feito, cunha mínima base que che permita seguir aprendendo e evolucionando.

Inscrición

Para participar no obradoiro, que é unha actividade gratuíta, é obrigatorio rexistrarse no seguinte formulario. Esta é unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

Requisitos

Un ordenador coa última versión de FreeCAD instalada (v0.19, dispoñible en https://www.freecadweb.org/downloads.php) e, preferiblemente, un rato de 2 botóns + roda de desprazamento. Idade recomendada a partir de 10 anos. Os menores de idade deben traer autorización para asistir ao obradoiro (descargar en PDF). Para calquera consulta non dubidedes de poñervos en contacto en amigus@amigus.org

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal