Logo de GALPonDende a asociación GALPon infórmannos que un ano máis organizan un obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux en colaboración co Vicerreitorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo.

O obxectivo deste obradoiro é capacitar aos participantes no uso e administración básicos de sistemas operativos e aplicativos en plataformas GNU/Linux.

O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2013-2014 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 10 de abril de 2014 cunha duración de 30 horas impartidas todos os martes e xoves (agás festivos) en horario de 14:00 a 16:00 horas no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións.

O obradoiro está aberto a todo o público en xeral, habilitando créditos de libre elección (2) ou E.C.T.S. (1) para os estudantes.

O programa do obradoiro é o seguinte:

  • Introdución histórica.
  • Que é un sistema operativo? e que é GNU/Linux?
  • Software Libre.
  • Vantaxes e inconvenientes.
  • Gnome, KDE…os escritorios en GNU/Linux
  • Engadir e quitar aplicativos
  • Mozilla Firefox Web Browser
  • Gimp, editor de imaxes
  • Gaim, Pidgin… mensaxería instantánea
  • Thunderbird, geary…. correo electrónico
  • LibreOffice, procesador de texto, folla de cálculo, presentacións…
  • Evolution, xestor de información persoal
  • Kontact, outro xestor de información persoal
  • Instalación de GNU/Linux
  • Que é unha distribución? Características dalgunhas delas
  • Instalación dun sistema operativo de Software Libre baseado en GNU/Linux

O curso ten un custe de 40€ para o público en xeral, 30€ para membros da comunidade universitaria e 20€ para bolseiros. O prazo de matrícula está aberto ata o día 14 de febreiro, habendo un número máximo de 17 prazas.

Todos aqueles interesados poden consultar todos os detalles de matriculación no web de Extensión Universitaria.

Pin It on Pinterest

Share This