O grupo informal de recente creación SDR Galicia organiza un obradoiro de introdución á SDR, Radio Definida por Software. Este evento ten como obxectivos dar a coñecer esta tecnoloxía entre os estudantes de tecnoloxía e os afeccionados ás mesmas. A actividade terá lugar o venres 5 de 18:00 a 21:00 e o sábado de 10:00 a 13:00 no local da Industriosa en Vigo.

O obradoiro contará tanto con explicacións sobre as tecnoloxías como con exemplos prácticos desenvolvidos coa placa Lime SDR Mini e GNU Radio, ambas tecnoloxías son libres e abertas e mediante as cales nos permite realizar comunicacións vía radio empregando diferentes tecnoloxías como poden ser UMTS, WiFi, Bluetooth, LoRa… sen cambiar de dispositivo hardware.

Inscrición e máis información na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This