Obradoiro de introdución a GIT, na Industriosa

Luns, 16 Maio 2022
Obradoiro de introdución a GIT, na Industriosa

O 23 de maio, en horario de 18.30 a 20.30, terá lugar o “Obradoiro de introdución a GIT” nas instalacións da Industriosa (r/ Barcelon 13, Vigo).

Git é un sistema de control de versións distribuído. Creado polo equipo do kernel de Linux para poder usar dunha maneira mais eficiente os cambios no kernel. Actualmente é un dos sistemas de control de versións mais usados no mundo.

Este obradoiro será de iniciación; como usar un control de versións, e como empezar a usalo para os teus proxectos persoais ou no teu traballo diario. Para este obradoiro non é necesario que a xente teña coñecementos de programación, pero si que é necesario que se coñeza o mínimo sobre a consola de comandos.

Temario

– Que é git
– Como crear un repo
– Commits e branchs
– Configuración con remotes
– Creación de Pull Request en Github

Para facer este obradoiro é necesario ter configurado o seguinte:
– Un ordenador con Mac/Linux/Windows
– Un terminal onde poder executar os comando de git
– Un editor de textos instalado (Atom, vim, sublime-text, notepad)
– Unha conta no servicio online Github
– Configuradas as craves ssh en Github (https://help.github.com/articles/connecting-to-github-with-ssh/)

O instrutor será Eloy Coto, que ten varios anos de experiencia con Git. Evento patrocinado por Xunta de Galicia e Amtega Axencia para a Modernización Tecnolóxica

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal