Obradoiro de introdución a FreeCAD

Martes, 11 Outubro 2016

A asociación xeoPesca realizará un obradoiro de iniciación a FreeCAD o vindeiro sábado 22 de Outubro ás 10:30 no Centro do Matadoiro (Santiago de Compostela). FreeCAD é un programa de deseño por ordenador en tres dimensións de software libre.

O temario do obradoiro será o seguinte:

  • Introducción ao CAD
  • Interfaz de Freecad
  • Entornos de FreeCad, personalización, adicion de modulos
  • Entorno Part , Part Design e borrador
  • Exportación e importación de pezas
  • Exercicios: Creación de sólidos, modificación de solidos e operacións con solidos.
  • Outras alternativas libres a FreeCad.

Dende a organización lembran que é preciso que cada asistente leve o seu ordenador portátil coa última versión estable de FreeCad instalada.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación xeoPesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2016 da Xunta de Galicia.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal